ConcellosÚltima hora

Obras de mellora na avenida de Ourense de Castro Caldelas

 

En Castro Caldelas estanse a realizar obras de humanización, eliminación de barreiras e mellora da seguridade dos peóns nun segundo tramo da Avda. de Ourense.

Entre as actuacións que se están acometendo figuran a “ampliación de beirarrúas, a mellora da recollida de augas pluviais, pasos de peóns con sinalética de cor, reforzo de muros, mellora das varandas e da accesibilidade para persoas con dificultades de mobilidade que complementan as melloras levadas a cabo neste tramo da avenida gracias a Axencia Galega de Infraestruturas”, tal e como informa a alcadesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button