
As instalacións deportivas da parroquia de Salamonde, no concello ourensán de San Amaro serán melloradas. A empresa encargada de acometer os traballos remodelará o campo e substituirá o terreo por céspede artificial. O pasado martes, 25 de agosto, tivo lugar unha xuntanza nas instalacións á que acudiron o concelleiro de Urbanismo, Deportes e Actividades Lúdicas, Carlos Pérez Iglesias; o Arquitecto municipal, Manolo Vidal, o presidente do F.C. Salamonde, Julio Guerra e o responsable da empresa das obras.
Durante esta reunión entregaron as chaves á empresa e valoraron a situación actual para realizar un cronograma que prevé o remate desta intervención antes de que remate este ano, 2020. A obra é froito dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de San Amaro.