CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obras de mellora no CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o centro onde anunciou as melloras nos baños e a incorporación de lavabos para os máis cativos na planta baixa

O delegado da Xunta en Ourense, coa alcaldesa de Carballeda e a directora do centro escolar.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acometerá durante o período estival, as obras de melloras nos baños e a incorporación de lavabos para os máis cativos na planta baixa do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo. Así o anunciaba o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, durante a vistia que realizaba ao centro, acompañado pola alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, explicando que esta actuación ven a completar a xa iniciada o pasado ano nos aseos da aula de educación infantil, na que a Consellería investiu máis de 20.000 euros.

O delegado territorial subliñou que “deste xeito a Xunta de Galicia cumpre cos desexos das familias dos nenos escolarizados e coa demanda do Concello, pois estamos a dotar -engadiu o delegado territorial- a este centro escolar de melloras permanentes que conflúen na calidade da ensinanza dos alumnos e alumnas do concello”.

 

 

Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que rexerá para as infraestruturas educativas nos próximos anos, no que atinxe ao enfoque educativo que terán a partir de agora os distintos espazos dentro dos colexios e institutos. A ese respecto, Gabriel Alén sinalou que as novas construcións e reformas deben de ser espazos adaptados ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas.

Para o representante do Goberno galego, neste Plan prevese tamén o deseño de espazos flexibles e adaptables para fomentar as tarefas en grupo, por proxectos e colaborativas, apostando así polas novas liñas académicas onde se prime o traballo por competencias en lugar de por áreas de coñecemento illadas. O obxectivo final, concluíu Gabriel Alén, é que Galicia “sexa pioneira nun novo modelo de escolas para o século XXI”, a través dun plan que dea valor engadido aos centros educativos, os espazos nos que os futuros cidadáns pasan “as etapas máis determinantes das súas vidas”. Para iso, subliñou, “é imprescindible poñer a arquitectura a disposición das necesidades do sistema educativo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button