ConcellosQuirogaÚltima hora

Obras de mellora no entorno do albergue municipal de Quiroga

Os participantes do Obradoiro de Emprego SilLor son os encargados de acometer os traballos

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, visita as obras de mellora. / Foto: cedida.

 

A praza do albergue municipal de Quiroga lucirá, proximamente, unha nova imaxe. Actualmente, participantes do Obradoiro de Emprego SilLor están traballando no revestimento do muro do aparcamento, na parte que da ao Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga. Ademais, tamén se substituirá a grava da zona dos bancos por pavimento de cuarcita e, nas escaleiras de acceso, colocarase chapa de granito e eliminarase un saliente que quedaba fora da varanda.

As obras foron visitadas hoxe, xoves 27 de agosto, polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. O acondicionamento da praza comezou no ano 2018, cando se limpou a parcela de máis de 1.800 metros cadrados construíndo unha zona de céspede e outra multiusos que serve como aparcadoiro. Os traballos desta primeira fase remataban coa instalación dunha varanda de forxa na parte pola que acceden os autobuses escolares ao colexio.

Artigos relacionados

Back to top button