SanidadeÚltima hora

Obras de reforma do Centro de Saúde e PAC de Castro Caldelas

 

Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado pola alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, visitaba as obras de reforma que se están a executar no Centro de Saúde e PAC de Castro Caldelas, que permitirán a renovación integral da cuberta para poder terminar coas filtracións e humidades que se viñan producindo.

As obras de reforma consisten, en primeiro lugar, no levantado de toda a cubrición existente de chapa metálica e vidro nas partes acristaladas, así como no levantado de canles e baixantes existentes para a continuación proceder á recolocación da nova cubrición de chapa metálica de dobre capa con illamento intermedio, coa oportuna execución de remates, axustes, pezas especiais e posta en servizo.

Artigos relacionados

Back to top button