ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Obras no antigo Centro de Saúde de Viana do Bolo

 

Dende o Concello de Viana do Bolo vén de informarse do inicio de obras no edificio que albergaba o antigo Centro de Saúde da vila e que é de propiedade municipal. Trátase dunha actuación para substituír a cuberta deste inmoble coa retirada controlada das placas do tellado vello que conteñen amianto.

Estas obras etán promocionadas polo Concello de Viana do Bolo e pola Consellería de Medio Rural.

 

Artigos relacionados

Back to top button