SanidadeÚltima hora

Obras no corazón do Hospital de Ourense para acoller a nova Unidade de Coidados Intensivos

O seu orzamento supera os 8 millóns de euros o que permitirá poñer en marcha unhaunidade única que será modelo para as novas UCIs que se constrúan en Europa

 

O Hospital Universitario de Ourense é na actualidade o centro de tres grandes obras cun orzamento conxunto que ronda os 120M de euros: a ampliación coa construción do novo edificio de hospitalización, as do novo servizo de Medicina Nuclear e as da nova Unidade de Coidados Intensivos, esta última no mesmo núcleo do hospital, na planta cuarta, precisamente onde se sitúan as dúas unidades de críticos en plena actividade (UCI e REAnimación), con pacientes hospitalizados no piso superior e inferior, nun dos períodos de máxima actividade asistencial.

Con esta intervención, adxudicada pola Xunta de Galicia á UTE Seranco SAU+Oreco SAU por 8.221.708 €, o Hospital Universitario de Ourense pasará a dispoñer de 2.300 metros cadrados con 30 boxes, distribuídos en tres áreas funcionais con áreas administrativas, de servizo e espazos destinados a familiares.

Será a primeira UCI post-pandemia cun concepto e estrutura altamente esixente, non só tecnicamente senón tamén cara aos nova requerimentos de humanización e manexo de pacientes. Será por tanto innovadora en canto a climatización e illamento, á dimensión dos postos, a iluminación, e intuitiva para integrar o uso de TIC e equipamentos electromédicos e de alta tecnoloxía, habituais na actualidade, polo que servirá de modelo para as novas UCIs que se constrúan en Europa.

Fase dos traballos e evolución

Á complexidade derivada da súa localización, engádese a da súa funcionalidade, de atención á doentes en situación crítica ou inestable en xeral, incluíndo pacientes contaxiosos, polo que a nova unidade e moi exixente tecnicamente, xa que deberá dotarse dunha especial climatización, illada do resto do hospital, e actuar tamén no exterior, intervindo en dúas edificacións neste intre separadas.

Para facilitar o mantemento da actividade da actual UCI, a obra dividiuse en dúas fases, de xeito que, unha vez rematada a primeira, poder trasladar a obra nova o actual servizo, pasando entón a segunda que consistirá en reformar o espazo que ocupa agora o servizo de coidados intensivos, igualando e comunicando ambas áreas.

Actualmente estase traballando na primeira fase, no espazo ocupado antes por una unidade de hospitalización. O mantemento da actividade asistencial en todo o espazo que rodea ás obras, obriga a unha perfecta coordinación entre o equipo de obra e os equipos técnico e directivo do hospital, tratando de diminuir ao máximo o ruido, e a xeración de polvo, contando en todo momento coa supervisión e autorización de Medicina Preventiva.

Unha vez completadas as demolicións previstas e adecuación ao proxecto das instalacións existentes , a día de hoxe estase a traballar simultaneamente no tendido das instalacións: electricidade e redes de datos; saneamento; rede de abastecemento de auga quente e fría; rede de fluxores –que evitan as cisternas individuais- e empregarán auga reciclada; condutos de climatización; rede hidráulica de fancoils; transporte pneumático e rede de gases medicinais.

A nivel de estrutura estase realizando o pechamento con lousas de granito a fachada norte, para igualala aos edificios de nova planta. En paralelo xa está practicamente rematado o reforzo estrutural, necesario para a instalación dos novos cabeceiros que irán suspendidos do teito de cada un dos boxes, permitindo máxima operatividade ao redor da cama do paciente.

Igualmente están xa dispostas as estruturas metálicas ás que se ancorarán as portas automáticas de acceso a cada box, e de separación entre eles, que levaran un cristal que poderá oscurecerse favorecendo o descanso e para respectar a intimidade do pacientes; así como as da exclusa de acceso á área de críticos

Tamén en canto a distribución de espazos, actualmente atópase executada ao o 60% tabiquería, cunha estrutura de aceiro galvanizado, cun dobre aplacado de xeso laminado con acabado de extra-dureza, para pasar polo interior as diversas instalacións que se están executando.

Nos próximos días procederase á instalación na cuberta das unidades de tratamento de aire (UTA) totalmente independente do resto do hospital, no interior de tres novos casetóns que constarán dun armazón de vigas metálicas cun cerramento de panel acústico.

Artigos relacionados

Back to top button