EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Ofertas, música e actividades infantís no IX Mercaberto do Barco

Esta iniciativa, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto en colaboración co Concello, terá lugar os días 18 e 19 de agosto
A presidenta (á dereita) e a vicepresidenta do CCA co cartel desta edición do Mercaberto./ Foto: A.R.

Unha semana antes que en edicións anteriores, o Paseo do Malecón do Barco acollerá unha edición máis da Feira de Oportunidades Mercaberto. Así esta mostra, que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Concello do Barco, desenvolverase os días 18 e 19 de agosto.

Nela participarán un total de 13 expositores de sectores como o téxtil, calzado, perfumería, pastelería, decoración ou complementos. Así contarán con stand: Moral Zapatería, Can-Can, Librería Murciego, Novedades Maribel, D’Chus, A Casiña, Varadero, Mis Personajes, Ton y Son, Fíos Moda, Perfumería-Droguería Damas Escuredo, Baamonde O Barco e tamén a asociación benéfica Asfaval.

 

A presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, intervindo na rolda de prensa./ Foto: A.R.

 

Así o anunciaba a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, acompañada pola vicepresidenta desta asociación, Ángeles Rodríguez, na rolda de prensa que tiña lugar na mañá do 10 de agosto na sede desta entidade. Tamén adiantaba que a mostra inaugurarase ás seis da tarde do 18 de agosto e permanecerá aberta ata as once da noite. O horario na segunda xornada desta feira será de 11h. a 14h. e de 17h. a 23h.

 

Carteles da mostra./ Foto: A.R.

 

Ademais da exposición e venda de produtos “a prezos moi rebaixados”, o IX Mercaberto incluirá diversas actividades complementarias como o concercto do grupo valdeorrés Clon Bois o día 18 ás 23h. na mesma zona da feira ou. Xa na tarde do 19 de agosto, a partires das 20:30h., haberá unha disco móbil dirixida ao público infantil, con animadores e bailaríns, así como obradoiros de maquillaxe de escena e fantasía e xogos de animación.

Artigos relacionados

Back to top button