CulturaCulturaÚltima hora

“Ofrenda” de Ángel Soldevilla e Luis Vecino, no Espazo de Arte Roberto Verino en Ourense

Do 4 de marzo ao 4 de maio pode visitarse a exposición no ESPACIO DE ARTE de Roberto Verino da planta baixa da tenda da Rúa do Paseo na cidade

 

Ángel Soldevilla e Luis Vecino fan a súa “Ofrenda” á nova realidade que está a chegar no Espazo de Arte de Roberto Verino, situado na Rúa do Paseo en Ourense. Esta mostra inaugurábase esta tarde coa presenza dos autores e do propio Roberto Verino e que sorprende incluso dende a súa folla de sala, na que explicitan que o texto está correxido gramaticalmente por GPT4.

“Mentres nos enfrontamos ao consumo de microplásticos e observamos conflitos civilizados en rigoroso directo, atopámonos rodeados de novos xoguetes. Por unha banda, a intelixencia artificial xenerativa, representada por DALL-E 3, ten a capacidade de crear novas imaxes a partir de frases en linguaxe natural ou prompts do usuario. Esta tecnoloxía utiliza datos extraídos do adestramento con imaxes almacenadas nos servidores de OpenAI. Doutra banda, Telepathy, unha forma de comunicación mente-máquina, lógrase mediante a inserción dun chip inalámbrico no cerebro humano, unha investigación levada a cabo por Neuralink”, din os autores da mostra ao respecto do que nela se pode atopar.

Os avances aos que aluden conducen á sociedade “cara a un futuro no que nos atoparemos ao limiar dun cambio de paradigma. A hibridación da edición xenética e a intelixencia artificial xeneral será de tal magnitude que dará forma a unha nova orde eugenésico. Con todo, somos esa sociedade empeñada en cometer unha e outra vez o mesmo erro milenario ao que chamamos civilización”, engaden os artistas.

Esta exposición é un tributo “para aqueles que desexen contemplala. Para os demais, o mundo está ben como está”, conclúen.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button