ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Ofrenda e vermú poético en Córgomo (Vilamartín) en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

A homenaxe celebrábase no cemiterio e a lectura na Aira das Guerras, no centro do pobo

 

Tal día como onte, 27 de agosto, pero de 1903, nacía en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o poeta Florencio Delgado Gurriarán, a quen estarán adicadas as Letras Galegas de 2022.

Ese será o ano de Florencio no que se organizarán diferentes actividades en torno á súa figura e obra, pero neste mes de agosto, a uns días de que remate o prazo para recibir os textos do III Premio de Poesía e coincidindo co aniversario do seu nacemento, As Letras de Florencio organizaba para a mañá deste sábado 28 de agosto, unha homenaxe na súa terra natal.

 

Anxo Baranga na ofrenda floral a Florencio no cemiterio de Córgomo.

 

No cemiterio local, diante do panteón familiar realizábase unha ofrenda floral, coa actuación dun trío de gaiteiros interpretanto o Himno Galego e a intervención de Anxo Baranga, un dos impulsores da candidatura de Florencio dende hai xa máis de vinte anos.

A segunda parte da homenaxe era un vermú poético xa no pobo, na Aira das Guerras. Seguindo o actual protocolo Covid o evento consistía nunha fusión poética cos textos dos galardoados no premio en edicións anteriores, creando un novo produto que era lido por Jorge Moral, Andrea F. Maneiro, Raúl Gómez Pato, Xabier Xil Xardón, Bea Saiáns e Arancha Nogueira.

Ao acto acudían familiares de Florencio, veciños de Córgomo, representantes de varios concellos (O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín,…) e de asociacións culturais. No vermú, servíronse mencía de Viñaredo, Godello de d’Berna e Vermú Carmela.

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button