Na mañá deste luns 13 de maio, festividade de Nosa Señora de Fátima, un grupo de alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima participaban na ofrenda floral á Virxe, na igrexa parroquial de Fontei (A Rúa).
“Con mans pequenas e corazóns cheos de tenrura, cada neno colocou con coidado flores fronte á imaxe da Virxe”, indican dende o colexio, destacando que este fermoso xesto non só fortalecen a súa conexión espiritual, senón que tamén lles ensinou a importancia da fe. “Para moitos nenos a fe proporciona un sentido de pertenza, seguridade e esperanza. Axúdalles a entender o mundo que lles rodea, a enfrontar desafíos…”, aseguran dende o Pablo VI-Fátima, lembrando que “a fe pode fomentar valores como a compaixón, a xenerosidade e o respecto cara os demais”.
Fotos cedidas.