ConcellosÚltima hora

O grupo valdeorrés Son do Sil actúa na XXII Feira do Pemento de Oímbra

Tivo lugar onte, domingo cinco de agosto, ás 20:00 horas

 

 

O Concello de Oímbra acolleu onte, domingo 5 de agosto, a vixésimo segunda edición da Feira do Pemento. Comezou ás 12.00 horas cun concurso de pratos de cociña (cuxo ingrediente principal era o pemento, con receitas dos propios veciños) e coa animación musical a cargo de DJ Ness. Ás 14.00 horas celebrouse o xantar popular amenizado pola charanga Támega, e ás 20.00 horas tivo lugar a actuación do grupo musical valdeorrés Son do Sil. Ademais, ao longo de toda a xornada houbo inchables para os nenos e xogos populares para o público de tódalas idades, xunto con degustacións gratuítas de pementos.

 

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, calificaba esta celebración como “un evento gastronómico que cada ano reúne a centos de ourensáns e visitantes para render homenaxe a un dos produtos clave da nosa gastronomía provincial”. Pola súa banda, a alcaldesa de Oímbra Ana Villarino salientaba que “o pemento é o rei da horta no noso municipio, sendo un produto que representa o alimento natural de calidade básico na gastronomía e na economía desta contorna”.

 

Membros do goberno na Feira do Pemento.

Artigos relacionados

Back to top button