CulturaCulturaEntroido 2023Última horaVídeos

Once folións desfilan polas rúas de Vilamartín nunha animada e colorida xuntanza

 

Na tarde deste sábado 11 de febreiro Vilamartín de Valdeorras abría oficialmente o Entroido co desfile de folións organizado polos Viticultores, que percorría a vila ao ritmo de bombos, aixadas e cornas, dende a praza José Luis Núñez ata a Rodeleira, sentido inverso ao desfile de anos anteriores.

Tal como estaba previsto era o permiso e o pregón o que marcaba o inicio do desfile. Diante dos folións reunidos na praza e dende a ventana da antiga casa do Concello era un dos máis pequenos do folión Os Viticultores, Ángel “fillo de Alfredo e Tania que son por todos ben coñecidos”, tal como el mesmo dixo, o encargado de dar o permiso. O pregón correu nesta ocasión por parte de Javier dos Labregos aínda que tamen tiveron unhas palabras para os asistentes Concha de Carracedo da Serra, Mª Carmen do Tameirón e representantes dos Arrieiros de Petín.

 

 

E xa sen máis dilación eran os afitrións, o Folión Os Viticultores, os que abrían o desfile. De seguido saía o de Carracedo da Serra e despois Os Labregos de Trives, O Folión de Petín, As Maceiras de Trives, O Tameirón, Chandrexa de Queixa, Piñeiro (Trives), O Irrio Castro Castro Caldelas, Os Arrieiros de Petín e A Caniceira (Trives).

Tralo longo percorrido ata a área recreativa, os folións volven reunirse no pavillón de O Bañadoiro para asistín á V Festa das Sopas de Allo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button