Dun xeito moi orixinal chegaban este ano os Reis Magos a Petín. En tres carros, tirados por tres pares de bois (con Mario e a súa familia á fronte) chegaban Melchor, Gaspar e Baltasar á praza onde os esperaba unha multitude.
Precedidos polos nenos que máis tarde formaría parte do Belén Vivinte (San Xosé, a Virxe María, os pastorciños,…), as Súas Maxestades descendían dos seus especiais medios de transporte para dirixirse á Casa da Cultura para escoitar as peticións dos cativos e compartir unha animada festa coa que pechar o tempo de Nadal.
Fotos: Mónica G. Bellver