ConcellosO BarcoÚltima hora

Orixinal e deliciosa pastelería cárnica para este Nadal en Carnicería Lupe, no Barco

Dende polos, chuletas e solombos recheos ata a "Flor de Polo", o "Abeto recheo", os “Hojaldritos”, “Pastelitos” ou o Coulant. Unha ampla gama de sabrosas suxerencias artesás para sorprender na mesa nestas festas

 

Propostas culinarias que parten da tradición, pero cunha visión innovadora, que sorprende e conquista padais pola súa elaboración artesá, sabor, calidade e excelente presentación. Carnicería & Elaborados Lupe, cuxo punto de venda está no Supermercado Corzo Covirán do Barco (na avenida Manuel Quiroga, 3), achega neste Nadal un amplo e variado abano de suxerencias de pastelería cárnica e elaborados para os menús das vindeiras datas festivas, saborosas, rápidas de elaborar e personalizadas en función do que pida o cliente. Dende Solomo Wellington, Rollo de terneira ata Hojaldritos, Pastelitos, Flor de Polo ou Coulant. E, por suposto, unha gran variedade de orixinais e deliciosos recheos.

 

 

“De carne de aves temos o polo recheo, pavo e picantón recheos, a pularda rechea, tamén chuletas recheas, solomo recheo, solomo ao Wellington, rollo de terneira, rollo de porco, e despois contamos con propostas como o Abeto recheo”, destaca Lupe Fernández, responsable de Carnicería & Elaborados Lupe. O Abeto recheo é unha elaborado que leva carne picada, vexetais, cebola “e tamén se lle poden meter froitos secos, ademais de ter un recheo con panceta e xamón serrano”, engade Lupe Fernández.

 

 

E aínda que se parte dun recheo estándar, este pode adaptarse ás peticións do cliente, segundo as súas preferencias. “Aconsellamos e orientamos segundo os gustos de cada familia ou segundo o que nos solicita a persoa porque no recheo hai un mundo de froitos secos e de agridoces. No caso daqueles que non sexan de mesturas ou de agridoces, recomendámoslles o recheo básico, no que intentamos preparar algo que lle guste a todo o mundo, pero sempre nos cinguimos ao que o cliente queira, o recheo personalízase”, explica Lupe Fernández.

 

 

Hai ademais recheo de lomo de selecta, “do porco alimentado con castañas e nel tamén introducimos castaña cocida, o que lle da un moi sabor e, ao mesmo tempo, unha vez que o cortan e o serven na mesa queda moi ben presentado”, indica.

Outras orixinais propostas preparadas de xeito especial por esta artesá para estas datas son a “Flor de Polo”, un muslo de polo recheo e sen oso, preparado en forma de flor e queda moi zumarento; os “Hojaldritos”, os “Pastelitos” e os “Coulant”, “cunha crema de queixo e unha crema de champiñón para que cando se corten, pois faga o efecto como se fose coulant de chocolate, que se desfaga o de dentro”, explica Lupe Fernández, que tamén destaca que estas catro últimas delicias de pastelería cárnica son individuais. “Isto está pensado para ceas ou comidas nas que pode haber moitos pratos diante e nas que xa non che apetece poñer algo moi sobrecargado. Entón estas elaboracións individuais funcionan moi ben, porque son de ración e xa non quedan sobras por casa”, indica Lupe Fernández.

 

 

Saborosas elaboracións doadas de preparar e rápidas

Ademais de resultar sabrosas e de contar cunha mimada presentación, estas propostas de pastelería cárnicas son moi fáciles e rápidas de preparar. “Están todas pensadas para o forno e resulta algo rápido, pero tamén hai algunhas, como os rollos, que, no caso de persoas que dispoñan de máis tempo para dedicarlle á cociña, poden prepararse nun guisado á cazola, como se facía antigamente. Nós asesoramos ás persoas sobre como preparalo”, engade Lupe Fernández.

Son receitas cunha base tradicional, propia das datas de Nadal, ás que esta elaboradora lles aporta unha mirada creativa e novidosa, sempre atenta aos gustos do público. “Algunhas das propostas están ideadas por min en base á demanda ao cliente que pide cousas novas, máis lixeiras, máis levadeiras á hora de preparalas, fronte á cea tradicional que conleva pasarte horas na cociña”, asegura. E iso, sen esquecer elaboracións tradicionais como o delicioso Lacón trufado, que xa acostuma estar presente nesta carnicería ao longo do ano, e o cordeiro tradicional para asados, ao que tamén lle dan unha volta innovadora no Nadal. “Facemos recheos de paletilla ou pernas de cordeiro, que é outra forma distinta á tradicional de comer cordeiro”, indica Lupe Fernández.

 

 

Propostas infantís e elaborados para persoas con alerxias ou intolerancias

En definitiva, unha atractiva oferta de propostas de elaboración artesá para o Nadal que permite desfrutar na mesa de pratos moi diversos e novidosos para os numerosos días festivos que se achegan e nos que tamén se pensa nas persoas alérxicas a determinados produtos e nos nenos. “Adaptamos os nosos elaborados ás persoas con alerxias ou intolerancias, coidando todas as medidas de hixiene. Por exemplo, se unha persoa quere un “Abeto recheo”, que leva pan rallado e non pode tomar glute, pois fáiselle para ela con todas as medidas para que non teñan ningún problema”, asegura Fernández.

 

 

E, se ben estes produtos de pastelería cárnica tamén van dirixidos aos máis pequenos, Carnicería & Elaborados Lupe, achega especifícamente pratos infantís. Por exemplo, un recheo de peituga de polo con xamón york e queixo. E, de cara á data de Reis, outra proposta diferente é o “Roscón de Reis” salgado desta carnicería. “Elaboro un roscón de Reis tipo con hojaldre, como facemos co solombo Wellington, pero non é un doce, é un elaborado que leva dentro carne picada, con forma de roscón, pero non é doce, é salgado”.

 

 

Carnicería & Elaborados Lupe traballa principalmente por encargos, “nós temos un catálogo onde a xente pode ver fotos dos produtos e facer os pedidos, se ben sempre acostumamos ter unha pincelada da nosa oferta no mostrador”. O Nadal é unha época de moito movemento neste establecemento, pero que tamén lles permiten aos seus responsables presentar suculentas novidades e sorprender á súa clientela. “Facémolo con moita ilusión e resulta moi satisfactorio e bonito. En xaneiro cumpriremos 2 anos e a verdade é que estamos moi contentos e agradecidos coa resposta da xente”, conclúe a sua responsable.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e pedidos:
Telf. 670578738
guadalupefernandezbarrio@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button