EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Carnicería & Elaborados Lupe estrea novo punto de venda no Barco

 

Numerosas persoas pasaban ao longo deste 9 de febreiro polo novo punto de venda que Carnicería & Elaborados Lupe vén de inaugurar no Barco. Está situado na céntrica avenida Conde Fenosa número 38-40 da vila. “Somos os mesmos, coa mesma calidade de carne, toda mercada no pequeno gandeiro da contorna de Chandrexa de Queixa e Manzaneda e tamén coa nosa gama de elaborados que sempre tiveron unha moi boa aceptación”, destaca Lupe Fernández, responsable desta carnicería.

 

Miguel e Lupe, apostan pola calidade e por unha coidada atención ao público.

 

Os elaborados son o selo de identidade de Carnicería & Elaborados Lupe. A gama das súas elaboracións é moi ampla e varía en función da época do ano, pero sempre son de calidade, creativas e moi fáciles de preparar.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button