CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Orixinal idea dos alumnos de 2º de Bacharelato do IES Cosme López da Rúa para recadar fondos para a excursión de fin de curso

 

Máis alá do típico desfile ou a simple venda de rifas, os alumnos de 2º de Bacharelato do IES Cosme López da Rúa ideaban unha orixinal fórmula para recadar cartos para a excursión de fin de curso que farán a Malta.

 

 

Trátase do ‘Concurso do ano’, un evento que se celebraba na tarde-noite deste venres 9 de decembro no Centro Cultural Avenida cunha entrada de 2 euros. A gala, á que asistía numeroso público para axudar e animar aos rapaces, consistía nun sistema de preguntas de cultura xeral que os presentadores facían aos catro equipos participantes (de catro membros cada un), tres de alumnos e un de pais, sobre o escenario. Unha orixinal e entretida forma de poñer a proba os coñecementos que tiña como premio unha estupenda cesta de Nadal.

 

 

Coma se dunha gala de televisión se tratara, o concurso incluía actuacións dos propios alumnos do centro.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button