En portadaÚltima hora

Os actos para honrar ao Cristo en Trives comezan esta noite co pregón, un concerto e fogos artificiais

A misa solemne, sen procesión, será mañá 14 de setembro, ás 13 horas armonizada polo Orfeón Trives

Publicidade
Imaxe do Cristo da Misericordia, en Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A festividade do Cristo é unha data moi importante para os triveses. Época de reencontros e reunións familiares, de lembranzas e tradicións… Tal como xa sucedera o ano pasado, nesta ocasión a pandemia de Covid impediu a organización dun programa festivo coma os de antes, de feito non se formou comisión de festas. Con todo, axustándose á normativa vixente, á situación concreta do municipio respecto ao Covid e á incerteza que están a vivir, dende o Concello quixeron potenciar nestas datas a cultura, elaborando un programa acorde á situación.

“Os membros do Goberno Municipal consideramos ademáis que debiamos render unha sentidísima homenaxe ao persoal sanitario do noso PAC, quenes estiveron e están tan presentes nas nosas vidas ao longo desta dura etapa da pandemia, e por iso Manuel e Olaya serán os encargados do pregón co que dará comezo a axenda cultural da festividade do Cristo”, aseguran dende o Concello.

 

Fogos artificiais o ano pasado no Cristo de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Así, os actos arrancarán esta noite ás 22 horas coa lectura do pregón dende o balcón do Concello. De seguido, ás 22:30 horas haberá un concerto de Los Limontes (pop/rock) na praza do Concello, e cara ás 23:45 horas unha tirada de fogos artificiais en colaboración co Club Deportivo Trives. Dadas as previsións de chuvia, hai unha carpa instalada para acoller a actuación.

Mañá 14 de setembro, o día grande das festas comezará pola mañá cun pasarrúas a cargo da charanga Terras do Bibei (tamén pasarán pola tarde) e o desfile da Banda de Música de Ramirás. Con todo, o acto central das festas será a misa solemne do Santo Cristo que se celebrará ás 13 horas coa participación do Ofreón Trivés (non haberá procesión).

Os actos continuarán pola tarde cun concerto da Banda de Música de Ramirás, ás 17 horas na praza do Pilón; e o espectáculo familiar Xan das Ondas, ás 18 horas na praza do Reloxo. O broche á programación deste ano poráo o grupo Vatapá ((jazz, swing, bossanova) cun concerto ás 22 horas na praza do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button