CD ArenteiroCD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Os afeccionados do CD Barco poderán asistir este domingo ao derbi contra o Arenteiro

O partido disputarase a partir das 18:30 horas no Estadio Municipal de Calabagueiros

Imaxe do derbi disputado en Calabagueiros na pasada tempada. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Segundo a Orde da Consellería de Sanidade de 25 de febreiro de 2021 publicada o 26 de febreiro no Diario Oficial de Galicia na que se actualizan as medidas de prevención específicas contra a pandemia, o público pode vover aos campos e pavillóns, sempre cumprindo os protocolos e o distanciamento de 1,5 metros e cunhas condicións lóxicas de aforo (30% da capacidade, cun máximo de 250 persoas no caso das instalacións interiores e de 500 nas exteriores).

Un dos clubs especialmente afectado por esta medida é o CD Barco que recibirá este domingo (7 de marzo) na casa ao líder do seu grupo en terceira división. Así, os afeccionados, ata un máximo de 500, poderán asistir ao derbi provincial CD Barco-CD Arenteiro que se disputará no Estadio Municipal de Calabagueiros a partir das 18:30 horas.

Despois de algo máis dun mes sen público nas bancadas, os rapaces de Manolo Pérez poderán volver a sentir o apoio da afección nun momento especialmente delicado. Os barquenses chegan á xornada 19ª tras dúas derrotas consecutivas, baixando ata o sétimo posto da clasificación, fóra dos postos de play off. Os do Carballiño, pola súa banda, fano como líderes en solitario e tras tres vitorias consecutivas.

 

Artigos relacionados

Back to top button