ConcellosDeportesRubiáÚltima horaVídeos

Os Águilas Verdes de Rubiá lanzan unha mensaxe de ánimo ao seu compañeiro “Petete”

A mensaxe está escrita sobre o asfalto, na estrada do Castelo (Rubiá) por onde pasarán os ciclistas da volta O Gran Camiño, o sábado 25 de febreiro

 

O vindeiro sábado 25 de febreiro a comarca de Valdeorras e moi especialmente o concello de Rubiá, serán protagonistas da etapa raíña da volta ciclista O Gran Camiño, promovida polo ex ciclista Ezequiel Mosquera.

 

 

Será un día especial para as zonas arrasadas polo incendio do pasado verán como O Castelo. E será nese punto, na estrada xunto á ermita que foi pasto das chamas, na estrada de subida, onde os ciclistas que compitan na carreira (entre eles o gañador do Tour, Vingegard) se atopen cunhas mensaxes escritas no chan.

 

 

Mensaxes de agradecemento, de benvida, de reivindicación e sobre todo de ánimo escritas polos membros do G.E.M. Águilas Verdes de Rubiá. O grupo de espeleoloxía e montañismo decidía aproveitar esta carreira para render unha sentida homenaxe a un dos seus membros, “Petete”, que está a recuperarse das lesións sufridas hai unhas semanas ao ser atropelado polo seu propio vehículo.

 

 

Tal como explican dende os Águilas Verdes, a idea ocorreuselles hai  uns días para render homenaxe ao seu compañeiro e amigo e plasmárona sobre o asfalto entre o luns e o martes. Subiron a imaxe de ‘Forza Petete’ ás redes e en poucas horas corría como a pólvora entre a poboación.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Vídeo: https://youtube.com/shorts/001K9crGwfI?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button