DeportesFútbol salaÚltima hora

Os alcaldes de Vilariño e Viana felicitan ao Vianariño FS por gañar a Copa Deputación Xuvenil

O equipo coa alcaldesa de Vilariño de Conso.

 

A Copa Deputación de Fútbol Sala que o equipo xuvenil do Vianariño FS gañaba nesta tempada (a primeira da súa historia) ten o seu recoñecemento institucional. Tal como explican dende o club, a pasada semana a alcaldesa de Vilariño de Consom Melisa Macía, recibía ao equipo na Casa do Concello, felicitando aos xogadores, corpo técnico e directiva polo seu traballo e logro.

 

Os xuvenís do Vianariño nas escaleiras do Concello de Viana.

 

Posteriormente dirixíronse ata o Concello de Viana do Bolo, onde foron recibidos no Salón de Plenos polo seu alcalde, Andrés Montesinos e polo Concelleiro de Deportes, Marcos Martínez. “O equipo recibiu a felicitación polo trofeo conseguido na sua primeira temporada e falouse da creación de novos equipos nas categorías inferiores que serán anunciadas en breve”, din dende o Vianariño, agradeceno a ámbolos dous Concellos “a confianza e o apoio depositados na entidade,  que continuarán de cara ao futuro”.

 

O equipo co alcalde de Viana do Bolo.

 

Fotos: Vianariño FS.

Artigos relacionados

Back to top button