En portadaÚltima hora

Os alcaldes do Barco e de Monforte abordan o proxecto da A-76 co secretario xeral de Infraestruturas

O Ministerio de Fomento ten previsto aprobar en breve a licitación de novos tramos, segundo se fixo público despois do encontro no que tamén participaba o secretario do Eixo Atlántico

 

Os alcaldes do Barco e Monforte, xunto ao secretario xeral do Eixo Atlántico, na reunión co secretario xeral de Infraestruturas en Madrid.

Na mañá do 12 de decembro o alcalde do Barco e presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, e de Monforte de Lemos, José Tomé, mantiñan unha reunión en Madridco secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, na que abordaban, entre outros temas, a autovía A-76 Ponferrada-O Barco-Monforte-Ourense. Na reunión tamén participaba o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Con respecto a esta infraestrutura, o secretario xeral de Infraestruturas indicoulles que aprobarase en breve a licitación de novos tramos, “o que supón un importantísimo reforzo para o interior de Galicia”, segundo se destaca dende o Eixo Atlántico.

Tanto o rexedor barquense como o de Monforte de Lemos plantexáronlle ao secretario xeral alternativas na área de Monforte para mellorar e axilizar a conexión ata Ourense e que non se vexa afectada pola previsible declaración da Ribeira Sacra cmo Patrimonio da Humanidade pola Unesco. “Hai que sinlar que esta conexión constituirá a primeira autovía que vertebre o interior de Galicia xa que á e única zona, o eixo Lugo-Ourense, na que en pleno século XXI polo que aínda non se pode circular por unha autovía”, resaltan dende o Eixo.

O Ministerio de Fomento “quere licitar, o antes posible, o primeiro dos treitos desta autovía. Concretamente, será algún dos tres tramos da contorna de Valdeorras. A vontade é facelo ó longo do 2019 para consolidar o estudio informativo do conxunto da obra e evitar, deste xeito, a súa posible prescrición. Os treitos serían: O Barco – Veiga de Cascallá, Requejo – A Veiga e Vilamartín – Requejo”, tal e como se informa dende o Concello de Monforte.

O Corredor Atlántico

No encontro tamén se abordaba o corredor do Atlántico, a modernización da liña férrea Lugo-Ourense e sa saída sur de Vigo. “Polo que respecta ao corredor o Eixo Atlántico vén alertando sobre a necesidade de que os estudos estean listos no 2021, cando se liberen os fondos europeos do próximo período de programación para pedilos rapidamente”. Neste senso, Izquierdo Roncero informoulles de que Adif está traballando no plan director de renovación e modernización do corredor noroeste, que será presentado polo ministro previsiblemente antes de finalice xaneiro”.

Segundo os datos do propio ministerio que manexa o Eixo Atlántico, este plan “incluirá proxectos de plataforma, renovación de vía e electrificación. Con respecto a este útimo aspecto, no seu momento informouse de que aínda que os proxectos de electrificación estanse realizando a 3.000 V. o obxectivo é o de homoxeneizar a rede galega evolucionando a 25.000 V.”, segundo se indica dende esta organización transfronteiriza.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button