DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os alevíns do CD Rúa, campións de liga

Os rueses vencían 5-1 á ED Ourense no último partido da tempada desputado no Aguillón

O equipo alevín de fútbol da Rúa vén de completar unha impecable tempada. E facíao ao grande, gañando por 5 goles a 1 á ED Ourense, no último partido de liga disputado na mañá do 19 de marzo no campo do Aguillón, e converténdose no campión do seu grupo.

Grazas á implicación dos pais, o plantel era inscrito na liga alevín segunda F-8 (grupo 41º) de Ourense xunto a outros dez equipos da provincia e, despois dun duro traballo e vinte partidos disputados, os cativos da Rúa poñían o broche en casa. Eran os locais os que inauguraban o marcador chegando ao descanso co 2-0. Xa na segunda parte seguían sumando e malia marcar os de Ourense nunha ocasión, os rueses coroaban o encontro co 5-1 final (goles de Rodrigo, Berto, Rubén, Hugo e David).

Con 16 vitorias, 3 empates e unha soa derrota o CD Rúa alevín é o flamante campión de liga.

Máis información na viniera edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button