CulturaCulturaÚltima hora

Os alfombristas da parroquia ruesa de Santo Estevo volverán participar no proxecto mundial con motivo do Xacobeo

Publicidade
Os alfombristas da Rúa Vella elaborando a alfombra mundial do Xacobeo do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago organiza un ano máis o maior proxecto mundial de alfombrismo con motivo do Xacobeo 2022.

E entre as máis de 310 localidades participantes, atópase A Rúa, a través dos alfombristas da parroquia de Santo Estevo, que o vindeiro 25 de xullo elaborarán na praza César Conti, na Rúa Vella, este deseño de Antonio Cunha.

 

Artigos relacionados

Back to top button