EconomíaEconomíaEducaciónÚltima hora

Os alumnos do colexio da Veiga presentan o seu videoclip “Isto é o mellor/ This is the best”

A particular visión dos cativos sobre os lugares máis emblemáticos do municipio

Pena Trevinca, a Lagoa da Serpe ou a Cántara da Moura, son algúns dos lugares máis fermosos e emblemáticos do concello da Veiga que aparecen no videoclip Isto é o mellor/ This is the best, gravado polos alumnos do CEIP Eduardo Áviila Bustillo.

A presentación do vídeo, gravado a partires da canción O Himno da Veiga, tiña lugar na mañá do 23 de abril no Toural da Veiga, polos propios autores, os cativos, que foron os que elixiron os lugares sobre os que fala a peza e que aparecen no videoclip e tamén no tríptico promocional, que difundirán empresas relacionadas co turismo da localidade, tamén suxeridas polos nenos. “É un traballo dos alumnos, eles son os protagonistas, por iso deixamos que fosen eles os que elixisen o que ía saír, tanto os lugares que eles máis coñecen ou que máis lles gustan, como as empresas, aínda que loxicamente non están todos”, explica a directora do centro.

Este traballo audiovisual forma parte dun proxecto máis amplo no que traballan dende principio de curso ao que titularon “Desde A Veiga para o mundo” con diferentes actividades dentro e fóra do centro escolar. É un proxecto interdisciplinar no que participaron os 19 alumnos do colexio e as diferentes competencias. “Estivo coordinado pola profesora de música, en inglés fixemos unha versión, o profesor de Educación Física traballou as coreografías para as diferentes tomas…” Ao final o resultado foi un videoclip escolar e 100% A Veiga.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button