ConcellosÚltima hora

Os alumnos do IES O Ribeiro de Ribadavia poderán facer prácticas nas vides municipais de Sober

O Concello de Sober vén de asinar un acordo de colaboración co IES O Ribeiro para que o alumnado dese centro poidan desenvolver as súas prácticas relacionadas coa viticultura na vide experimental dos Chancís., de propiedade municipal.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradeceu a sinatura deste convenio “que permite cumprir cun dos obxectivos esenciais da viña e que sirva así como un espazo experimental no que practicar e do que obter interesantes resultados sobre as nosas variedades vitivinícolas”, apuntou.

Esta semana, 22 alumnos e alumnas e tres profesores desprazáronse ata a viña experimental dos Chancís onde están a facer podas en cordón simple e dobre e “guyot”. Un dos mestres, José Antonio Cortiñas, explicou ademais que están a gardar varias podadas para volver no mes de maio e poder enxertalas nos bravos dos socalcos. En concreto, farán enxertos de herbácea leñosa e verde-verde-

Os alumnos forman parte do 1º ciclo medio de aceites de oliva e viños e de 1º de ciclo superior de viticultura, todos eles do módulo de viticultura do IES de Ribadavia. Estes alumnos teñen idades comprendidas entre os 18 e os 50 anos.

Artigos relacionados

Back to top button