Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Os Andarines de Arcos cumpren coa tradición e suben ás Penas Marías (O Barco) o día de Nadal

 

Mantendo a tradición, na mañá deste luns 25 de decembro e como cada Nadal dende hai 17 anos, os Andarines de Arcos subían ás Penas Marías, no Barco de Valdeorras.

 

 

Saían de Forcadela e malia as baixas temperaturas (o termómetro marcaba -2ºC), catro membros do club de montaña chegaban ao alto e desfrutaban das espectaculares vistas bañadas polo sol, brindando polo Nadal cunha lembranza especial “para os compañeiros do noso equipo que están lesionados ou por algún motivo non puderon subir hoxe”.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button