Unhas 35 persoas participaban no encontro anual que a Asociación de Antigos Alumnos das Ermitas (O Bolo), que preside José Vega, celebraba este martes 30 de xullo neste santuario. O encontro comezaba cos preparativos dos cantos que logo se interpretaban na misa, oficiada no templo do santuario, “o mesmo que facíamos cando estudábamos aquí”, comenta o secretario da entidade, Suso Fernández Prieto.
Despois os asistentes compartían un xantar, en cuxo menú non faltaba o pulpo á feira con cachelos nin os embutidos. Esta reunión anual convértese nun espazo para lembrar vivencias compartidas neste centro de ensino valdeorrés. “Xuntámonos todos os anos a finais de xullo para ter unha asemblea. Vémonos con moita ilusión, disfrutamos e recordamos a nosa infancia e mocidade”, engade Suso Fernández.
Fotos: Carlos G. Hervella/ cedidas.