EconomíaEconomíaÚltima hora

Os apicultores valdeorreses descobren as posibilidades da dixitalización das colmeas

Publicidade

 

Ao longo da mañá deste sábado 11 de decembro o Centro Sociocultural de Santa Lucía en Vilamartín acollía a xornada “Novas tecnoloxías e dixitalización aplicadas ás colmeas”. O curso amosaba, entre outras cuestións, o control remoto do estado das colmeas, a dixitalización e o uso de novas tecnoloxías no colmear, a organización e planificación dos traballos, así como a instalación óptima dun novo colmear.

Esta xornada, que forma parte dun proxecto europeo,  xa se impartía o 1 de decembro na Gudiña, e, tras a sesión de Vilamartín, terá lugar outra nova o 15 decembro en Barbadás (Ourense) no CET, tamén de 10 a 14h.

Fotos: Teodoro Suárez.

Artigos relacionados

Back to top button