OurenseÚltima hora

Os aprendices de “Maestros de la Costura 3” comezarán a tempada en Ourense reproducindo prendas de Adolfo Domínguez

No Centro Cultural Marcos Valcárcel grabáronse algunhas das imaxes que os espectadores poderán ver mañá en La 1 no primeiro episodio

O presidente da Deputación de Ourense co equipo de “Maestros de la Costura”, en Ourense.

 

Mañá, luns 27 de xaneiro, a partir das 22:30 horas en La 1 de RTVE, os telespectadores teñen de novo unha cita co programa “Maestros de la Costura”, que comeza a súa súa terceira edición en Ourense. Concretamente, o programa trasladou aos 12 aprendices participantes ao taller dun dos maiores xenios da moda española, Adolfo Domínguez, quen abriu a súa primeira tenda na cidade das Burgas en 1973 e hoxe desfila nas mellores pasarelas internacionais.

Nestas instalacións, os participantes enfróntase ao reto de reproducir un pantalón e unha blusa da nova colección desta firma, sen esquecer a esencia elegante, funcional e chea de liberdade que as caracteriza. A conselleira delegada da empresa Adriana Domínguez, e a directora creativa Tiziana Domínguez, revelarán as claves do éxito e controlarán que a pulcritude e o orde sigan reinando no seu taller.

Esta viaje de “Maestros de la Costura” a Ourense supón “rendir unha merecida homenaxe á maior industria téxtil do noso país, a moda galega, conformada por miás de 500 marcas”, explican dende a Deputación de Ourense. O presidente Manuel Baltar, foi o encargado de recibir ao equipo do programa no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde se grabaron algunhas das imaxes que os espectadores poderán ver mañá en La 1.

Artigos relacionados

Back to top button