Unha semana despois da primeira xuntanza de folións celebrarase en Petín a segunda, desta volta organizada polo Folión Os Arrieiros.
Será o vindeiro sábado 4 de febreiro a partir das tres e media da tarde e contará cun total de oito folións: Buxán, Os Labregos, A Caniceira, As Maceiras (estes tres do concello da Pobra de Trives), Chandrexa de Queixa, Os Viticultores de Vilamartín, O Irrio de Castro Caldelas e Os Arrieiros.
O desfile comezará diante do Concello e percorrerá o casco antigo pola zona da igrexa, para terminar na praza. Ao rematar haberá unha pinchada.