CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os artistas de Valdeorras amosan o seu talento a través das redes sociais

Pouco a pouco vanse unindo ao proxecto #ARTISTASDACASA promovido polo Concello da Rúa

 

Que en Valdeorras hai moito talento é unha afirmación que ninguén pode negar, e precisamente co obxectivo de dalo a coñecer e ao mesmo tempo, amenizar o confinamento, poñíase en marcha dende o Concello da Rúa o proxecto #ARTISTASDACASA. Unha comunidade virtual creada a través do Facebook á que pouco a pouco se van incorporando artistas.

O primeiro era Suso Lorenzo, da Rúa, encargado de presentar a iniciativa e de seguido uníase Miguel Arias de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A cousa non facía máis que comezar, e só dous días despois eran varios os veciños da comarca que compartían na web o seu talento.

 

Andrea Velasco.

 

Os integrantes do grupo rues The Blue Star compartían un vídeo cunha das súas numerosas actuacións; con só 14 anos Andrea Velasco amosaba o seu arte á guitarra eléctrica interpretando un tema de Police; e Carlos Revuelta Gómez do Barco facía o mesmo pero á guitarra española. A nota de humor ata o momento poñíana Bego Bellett e Suso, veciños da Rúa, cunha versión moi divertida de La tortura de Shakira, en época de corentena.

A última incorporación no día de onte, era a de Ari Pérez que interpretaba, acompañada da guitarra, unha bonita versión de La puerta violeta de Rozalén.

Artigos relacionados

Back to top button