DeportesÚltima hora

Os atletas da base tamén retaban á chuvia na XV Carreira dos Santiños, no Barco

 

Aproximamente unha hora despois do inicio da competición dos maiores, poñíase en marcha o programa das categorías base na XV Carreira dos Santiños do Barco, baixo unha forte chuvia. O escenario era, desta volta, a pista de atletismo de Calabagueiros e os primeiros en saír eran os Sub14 e Sub12, nunha carreira conxunta, na que o primeiro en chegar a meta era Mateo Valcarce (Adas Cupas) e, na categoría feminina, Tania Pelaez.

A partir de aí virían as carreiras Sub10 e a dos prebenxamíns. Todos os participantes recibían medalla, que era entregada por voluntarias da Cruz Vermella Valdeorras.

 

 

Ademais esta entidade benéfica contaba cun posto nas pistas onde se facía unha recollida de “Xoguete Solidario”, onde os atletas ou calquera outra persoa podía doar o seu xoguete.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button