DeportesÚltima hora

Os atletas das Escolas Deportivas de Trives, na Carreira dos Santiños do Barco

Publicidade

 

Entre os atletas máis novos desta 14ª Carreira Popular dos Santiños do Barco estaban os das Escolas Deportivas de Trives. Competían nas probas das categorías base que se disputaban nas pistas de atletismo de Calabagueiros nas diferentes categorías.

 

 

Así, nesta cita destacaba o debú de Laura, así como os primeiros postos de Antón (Sub-12) e Alejandra (Sub-10) na carreira das súas series e tamen os resultados de Adrián (Sub-8) e Itziar, así como as actuacións de Ana e Ainhoa. “É un gran pracer participar nesta carreira solidaria, onde ademais os nenos e nenas aportaron o seu xoguete solidario para a Cruz Vermella”, destaca o adestrador das Escolas Deportivas de Trives, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button