Con ata catro podios veñen de finalizar unha intensa e exitosa tempada ao aire libre os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que visten a camiseta do Club Adas. Nesta fin de semana, en concreto onte, disputaban o ll Torneo CD A Purísima, en Pereiro de Aguiar.
Catro atletas triveses lograban medalla nesta cita:
– Martín Rodríguez González, en peso sub-12 era ouro.
– Nicolás Eduard Lascu, en pelota sub-10, era ouro.
– Alejandro Basalo González, peso sub-16, facíase coa prata.
– Itziar Cid Cecilia, en 500, sub-10, era prata.
“Con estes resultados damos por terminado a tempada o aire libre, a gran tempada dos nen@s das escolas do Concello de Trives”, resalta o seu adestrador, Tino Sierra, que ademais amosa o seu agradecemento “ao Club Adas, ao Concello de Trives, aos pais e nais e ao Periódico O sil por estar sempre cos rapaces e rapazas de Trives”.
Fotos cedidas polas Escolas Deportivas do Concello de Trives.