Os autobuses urbanos do Concello de Ourense adoptarán as últimas medidas dispostas pola Xunta de Galicia na Orde do 9 de novembro -que modifica a do día 4- en materia de medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución do Covid-19 [DOG]. Así, e de maneira inmediata, “permitirase a ocupación do 100% dos asentos; restrinxirase a ocupación das prazas de pé a 1/6 do total, e prohibirase comer en traxectos inferiores a 2 horas”, adiantan dende o Concello.
Dende a administración local solicitan aos usuarios que durante os vindeiros días “procuren utilizar os autobuses urbanos só se resulta necesario”, continuando co seguemento diario dos servizos para adoptar as medidas que, no seu caso, sexan precisas.