CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Os benxamíns do CD Rúa clasifícanse para a final polo título provincial

Vencían 1-9 aos de Xinzo no campo da Aira (Velle) en semifinais

Publicidade
O equipo benxamín do CD Rúa nun dos primeiros adestramentos da tempada. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

De moi positivo pode calificarse o papel dos equipos base de fútbol da comarca de Valdeorras nunha tempada especialmente difícil por culpa da pandemia. Ata o punto de que algúns deles rozaron a excelencia clasificándoe para os play off tanto de ascenso como para poder ser campións provinciais.

É o caso dos benxamíns e dos cadetes do CD Rúa que disputaban na xornada deste sábado 19 de xuño, as súas correspondentes semifinais na procura do título no caso dos primeiros e de ser un equipo de Liga Galega a vindeira tempada, no casos dos segundos.

O ascenso dos cadetes non poderá ser nesta ocasión ao quedar eliminados por 1-0 no partido disputado ante a AD Bosco. Os benxamíns pola súa banda aínda poden ser campións provinciais ao vender por goleada (1-9) á EDC Xinzo “B” no partido disputado onte no campo da Aira (Velle) cos goles de Guillermo, Adrián (3), Noe, Roi e Hervella (3).

Para chegar ata aquí, os rapaces de Alejandro Lorenzo e Diego Moral completaban unha fantástica tempada como líderes do seu grupo, con pleno de vitorias nos 10 partidos da competición regular. A final xogarana o vindeiro sábado 26 de xuño contra o Pabellón Ourense CF “B”, o outro clasificado ao vender á UD Ourense nos penaltis.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button