
O Porriño será a sede que albergue este sábado 21 de maio a fase intermedia do campionato galego de fútbol 8 (zona sur) nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.
Nesta fase intermedia, na zona sur tomarán parte un total de 24 equipos (8 por categoría). Na categoría benxamín un dos oito equipos que xogarán no campo O Lourambal do Porriño será o CD Rúa, encadrado non grupo B xunto a Caldas CF, AJ Lérez e Vila do Corpus.
O primeiro partido para os pequenos do Rúa será ás 10:45 horas contra os do Lérez; o segundo ás 13 horas contra os de Caldas; e o terceiro ás 16:45 horas contra os de Vila do Corpus. A final está prevista para as 18:30 horas.
A fase final disputarase no Novo Campo Municipal da Estrada o domingo 22 de maio sendo 12 (4 por categoría) os conxuntos que loitarán polo título autonómico.