ConcellosPetínÚltima hora

Os bois de Mario Nogueira levan aos Reis Magos ata Petín

 

Despois do éxito da última edición, en xaneiro de 2020, o Concello de Petín volvía contar coa colaboración de Mario Nogueira e a súa familia para a Cabalgata de Reis. Así, na tarde deste xoves 5 de xaneiro, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban en tres carros, tirados por tres pares de bois (con Mario e a súa familia á fronte) á praza onde os esperaba unha multitude.

Precedidos polos nenos as Súas Maxestades descendían dos seus especiais medios de transporte para dirixirse o teleclub onde estaba o Belén Vivinte (San Xosé, a Virxe María, os pastorciños,…), para escoitar as peticións dos cativos e compartir unha animada festa coa que pechar o tempo de Nadal.

 

Belén Vivinte en Petín.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button