Un ano máis o Concello de Petín contaba coa colaboración de Mario Nogueira e a súa familia para a Cabalgata de Reis. Así, na tarde deste venres 5 de xaneiro, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban en tres carros, tirados por tres pares de bois (con Mario e a súa familia á fronte) á praza.
Debido á forte chuvia que caía, este ano o percorrido foi moi curto e rápido chegando ao teleclub para render pleitesía ao neno Xesús no Belén Vivinte e para escoitar as peticións dos cativos.
Fotos e vídeos cedidos.