OurenseÚltima hora

Os bombeiros de Ourense participan nun curso práctico co novo vehículo para intervención forestal

 

Os bombeiros de Ourense participan desde hoxe nun curso práctico sobre o manexo do novo vehículo para intervención forestal adquirido polo Concello de Ourense.

Un técnico de Incipresa, empresa que subministrou o vehículo, impártelles a formación a todos os turnos de xeito que o persoal do servizo municipal aprenda a manexar o novo vehículo, coñeza as súas caracterícisticas e prestacións, así como os materiais e accesorios dos que dispón. Desenvolverase desde hoxe até o xoves, e consta de 4 horas de formación por turno, en grupos de 4 por protocolo Covid e para acadar a maior eficiencia da formación O vehículo é unha bomba pesada para intervención forestal, completamente equipada, dotada con dispositivos de autoprotección fronte ao lume tanto do propio vehículo como dos seus ocupantes.

A súa adquisición supuxo un investimento de máis de 320.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button