ConcellosO BarcoÚltima hora

Os bombeiros neutralizan un niño de velutina nun edificio do Paseo do Malecón do Barco

 

Arredor das dez da noite deste 19 de xullo os bombeiros do parque comarcal procedían a neutralizar un niño de Vespa velutina, situado na última planta dun céntrico edificio de cinco pasos do Paseo do Malecón do Barco.

Este operativo, que obrigaba a cortar a estrada nese punto, xeraba unha gran expectación entre as persoas que circulaban polo lugar, o concorrido Paseo do Malecón, e tamén entre as que se atopaban nas terrazas.

Fotos: Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button