ConcellosO BarcoÚltima hora

Os bombeiros rescatan a un gato do piso do Barco no que se producía o incendio

 

No piso no que se producía o incendio que na tarde deste domingo 24 de setembro obrigaba a desaloxar un edificio no centro do Barco, non se atopaba ninguha persoa no momento do suceso, pero si un gato que ante a preseza do fume escapaba asustado cara a parte alta da vivenda.

Segundo os veciños, foi o mauillido do gato o que os alertou nun primeiro momento asomándose á ventá e vendo o fume. Dende a rúa podían escoitarse tamén os maullidos desesperados do animal que finalmente era rescatado polos bombeiros e entregado no trasportín aos seus propietarios.

 

Artigos relacionados

Back to top button