En portadaEntroido 2024Galerías de fotosÚltima hora

Os Boteiros toman Viana no Domingo Gordo a pesar da chuvia

 

Non foi a edición máis numerosa porque o tempo non acompañou pero si unha das máis rápidas. Un ano máis foron máis de vinte os folións que na mañá deste domingo 11 de febreiro desfilaban polas rúas de Viana do Bolo dende a zona alta da vila ata a praza Maior ante de coller rumbo ao Toural onde xantarían.

 

 

Un desfile que comezaba pouco antes das once e media co Folión do Tameirón e remataba ás dúas da tarde. E entre medias percorrían as rúas e praza de Viana os folións máis destacados e numerosos da contorna, moitos do concello de Viana pero tamén de Vilariño de Conso, Buxán, A Veiga, Petín ou Trives.

 

 

Ademais do toque de cada fulión, durante o percorrido e de forma moi especial na praza Maior onde agardaba un maior número de público, os Boteiros e Mázcaras abrían paso dando cor e intensidade á festa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button