EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os brancos de Viña Costeira ao son do blues no ciclo “Cata a Arte”, en Ourense

Publicidade

 

A adega Viña Costeira presentou onte da man do seu enólogo, Manuel Castro, na terceira das xornadas do ciclo “Cata a Arte” que promove a Denominació de Orixe Ribeiro, tres dos seus viños brancos en cata horizontal: Viña Costeira, Colección 68 e Tamborá Godello, todos da colleita 2021. Os asistentes ao evento, celebrado novamente no Centro Cultural Marcos Valcárcel e con aforo completo, puideron degustar os viños harmonizados á perfección cun acústico de blues da man do artista coruñés Néstor Pardo

O tándem formado entre os viños de Viña Costeira e as cancións interpretadas por Néstor Pardo lograba que os participantes gozaran coa interpretación do artista en consonancia cos viños presentados de maneira amable por Manuel Castro, onde os describía de xeito comprensible para todos para pasar despois a degustalos escoitando varias cancións en directo.

Nesta oitava edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras (AODEMPER), organización sen ánimo de lucro que leva dende 1996 ao carón das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermedades Raras da provincia de Ourense e das súas familias. Algúns dos servizos que ofrecen son os de psicoloxía clínica, fisioterapia, logopedia, traballo social e educación social.

 

 

Viño e arte

O ciclo celebrarase durante cinco xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais. O seu aforo está limitado a 100 persoas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento.

O vindeiro 24 de novembro será o intre para a Adega Arco da Vella, onde Benito Eladio Rodríguez presentará os seus viños Torques do Castro (branco) e Tarabelo (tinto), todo elo harmonizado cun recital poético e cancións á viña e ao viño. E para rematar esta oitava edición, o broche final poñerao o 1 de decembro a Bodega Alanís, que fará unha degustación do seu viño Gran Alanís 2021 en harmonía co espectáculo “Ilusionismo Gran Reserva”, da man de Magia en la manga.

Viña Costeira naceu no ano 1968, froito da ilusión dun grupo de visionarios e rebeldes que romperon coas tendencias vinícolas da época, coa fin de recuperar as variedades de uva históricas de Galicia: Treixadura, Loureira, Godello e Albariño, entre outras. Desde o mismo inicio, tradición e innovación estiveron sempre presentes na adega e a combinación desos dous factores a que hoxe a consolida como unha importante referencia no panorama galego.

Néstor Pardo, coruñés de nacemento, iniciou a súa carreira musical con 19 anos liderando a banda The Loveless Cousins. En 2013 comeza a súa carreira en solitario como Pardo, proxecto co que grava dous discos en inglés ata o 2015, ano no que decide comezar a escribir en castelán.
Despois de 15 anos ininterrumpidos de carreira e tras saborear todos os xéneros musicais modernos (rockabilly, rythm and blues, country, folk, pop), Néstor Pardo pecha o círculo vital en Letters from Clarksdale. Tras unha longa viaxe,remata amosando a razón da esencial universalidade do blues

Artigos relacionados

Back to top button