En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os cadetes do C.D. Barco ascenden á liga galega

4-1 vencían ao Victoria S.D. na final da promoción celebrada no Campiño de Viloira

Era o broche para que o Centro de Deportes Barco completara unha fantástica tempada. O equipo sénior lograba sobrepoñerse a unha complicada campaña manténdose un ano máis en terceira división; os xuvenís eran campións de liga co ascenso directo á liga galega despois de moitos anos, levantando ademais a Copa Deputación; e agora os cadetes veñen de facer historia co seu ascenso á liga autonómica.

O fito, tiña lugar na tarde do 3 de xuño no Campiño de Viloira que se convertía nun auténtico fervedorio de afeccionados de todas as idades, familiares, amigos, veciños,… Despois do empate a uns no partido de ida da final da fase de ascenso en Vigo contra Cristo de la Vicoria S.D., aos rapaces de Gunty só lles valía a vitoria e saíron a por ela xa dende o minuto cero.

Cos goles de Blas e Jesús na primeira parte, estaba feita boa parte do traballo, pero tralo paso polo vestiario, os vigueses entraron no campo de xogo dispostos a empatar, cun ataque constante á portería local defendida por Juan, recurtando distancias no minuto 48. A partires de aí pudo pasar calquera cousa pero os barquenses volveron a demostrar porque chegaron ata aquí. Co gol de Alejandro o campo veuse arriba e xa co cuarto tanto local, obra de Iván, comezaba a celebración do triunfo e do ascenso.

O C.D. Barco segue escalando postos e tanto cadetes como xuvenís son xa equipos da liga galega.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button