Galerías de fotos

Os caldos da XVI Feira do Viño de Valdeorras

Máis de medio cento de marcas de 22 adegas nun mesmo recinto: a área recreativa de O Aguillón (A Rúa). O público tivo oportunidade de degustar e coñecer unha boa mostra das elaboracións valdeorresas na XVI Feira do Viño de Valdeorras. Houbo asemade un expositor con degustacións de produtos de Almendralejo.

Pasada a unha e media da tarde do domingo 14 de xullo facíanse públicos os nomes dos viños premiados na Cata da feira:
Brancos:
1º premio: Bodega Ruchel, SL. Viño: Ruchel
2º premio: Bodega A Tapada, SAT. Viño: Guitián
3º premio: Adega A Coroa, SAT. Viño: A Coroa

Tintos:
1º premio: Adega Cepado, SL. Viño: Cepado
2º premio: Adega da Pinguela, SL. Viño: Ventura
3º premio: Adega O Casal, SAT. Viño: Casal Novo

Mención especial viños doutras añadas: Bodega Sampayolo, SL. Viño: Vella da Chaira do Ramiriño.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button