Neste municipio preséntanse tres listas ás eleccións municipais: as do PP, Son de Trives e PSdeG-PSOE
Ao longo desta mañá de 26 de maio tamén exercían o seu dereito ao voto os cabezas de lista das tres formacións políticas que se presentan ás eleccións locais neste municipio. Así votaban no colexio electoral o cabeza de lista popular, Domingo Diéguez, a candidata socialista Patricia Domínguez e o cabeza de lista de SON de Trives-En Marea, Jorge Vázquez.
En Trives poderán exercer o seu dereito ao voto nestes comicios municipais un total de 1.823 persoas en catro mesas.
Fotos cedidas.