En portadaSanidadeÚltima hora

Os casos activos de Covid na provincia ascenden a 429, 12 máis que onte

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste domingo 6 de setembro a Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 429 casos activos (12 máis que onte) de Covid-19, segundo a última actualización que vén de facer pública a Consellería de Sanidade.

Dese total de pacientes, 34 están hospitalizados (deles 5 en UCI) e 395 permanecen a seguemento a domicilio. Por centros, o Hospital Universitario de Ourense ten ingresados 28 pacientes en planta e 5 na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), mentres que no Hospital de Verín hai un paciente en planta. O Hospital de Valdeorras segue libre de virus.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.633, con 2.069 curados e 135 falecementos. Ademais lévanse realizado 46.258 probas PCR, das que 485 se fixeron nas últimas 24 horas, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button