En portadaÚltima hora

Os casos activos por Covid ascenden a 55 no Barco, 24 máis que onte

Paseo do Malecón, no Barco. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Continúa a escalada de casos activos de Covid no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos por Sanidade (actualizados ás 18h. 9 de xullo), son 55 os positivos rexistrados neste municipio, son 24 máis que onte.

Tamén medra a incidencia acumulada no municipio, que nos últimos 7 días é de >250, mentres que nos útimos 14 días sitúase entre >250 e ≤500, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

A curva de contaxios medra tamén na provincia que rexistra, segundo os últimos datos, un total de 726 pacientes con infección activa, o que supón, 120 máis que onte.

Sen embargo, mantense a cifra de hospitalizacións. O único hospital da provincia con ingresos por Covid e o Hospital Universitario de Ourense con 7 pacientes ingresados en planta.

Artigos relacionados

Back to top button